publicidade hoxe

Sober inicia unha campaña de información sobre a reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora cunha campaña de información sobre a reciclaxe que mañá achega unha unidade móbil á localidade para aconsellar sobre a maneira de separar o lixo.

A primeira hora, a charla informativa estará destinada aos alumnos da Escola de Hostalería Belarmino Fernández. De seguido, de 11:30 horas a 13:00 horas a aula móbil estará situada na Praza do Concello de Sober, onde atenderá a todos os interesados.

A campaña desenvolvese baixo o lema: separemos ben, reciclemos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla.

Folletos informativos

O Concello de Sober está remitindo estes días a todas as vivendas do municipio un tríptico informativo con consellos para colaborar na recollida selectiva. No folleto amais de consellos prácticos, explícase o funcionamento do Punto Limpo, así como teléfonos de atención ao usuario.

A boa separación de residuos trae consigo melloras medio ambientais e económicas, posto que ao separar e reciclar ben o contedor xenérico levar menos quilos. A atención o medio ambiente e unha das principais preocupacións do equipo de goberno.

28 de abril de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.