publicidade hoxe

Os establecementos hostaleiros de Poio esperan unha previsión de ocupación do 48%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a previsión de ocupación nos establecementos de aloxamento durante a Semana Santa. No que respecta á ocupación de cara os días festivos da Semana Santa nos establecementos do municipio de Poio, a previsión é dun 48% de ocupación.

Estas cifras poden aumentar nos próximos días dependendo da meteoroloxía e as reservas de última hora.

De todolos xeitos, as previsións de ocupación son mellores que as cifras obtidas na Semana Santa do pasado ano, no que a ocupación non pasou dun 33% no noso municipio, o que supón un incremento do 15% con respecto ó ano pasado.

A oficina de turismo de Combarro permanecerá aberta durante toda a Semana Santa para así dar un maior servizo os turistas e visitantes que se achegen á localidade.

Estos días Combarro convertirase a súa vez, na sede do Campeonato de España de Vela Clase Vaurien na que participarán máis de 40 tripulacións de toda a xeografía española e atraeran a máis de 300 visitantes extras a vila mariñeira.

15 de abril de 2014 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.