publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nos vindeiros días comezan as obras na estrada da Pobra de San Xiao a Carracedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno aprobou os derradeiros trámites legais e previos (plan de xestión de residuos e plan de seguridade e saúde no traballo) ó comezo das obras de mellora na LU-P-2703 da Pobra de San Xiao a Carracedo, no Concello de Láncara. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que “isto permitiranos poñer en marcha de xeito inmediato, xa nos vindeiros días, estes traballos enmarcados no POS e dotados de máis de 400.00 euros, que financiamos ó 100%. Facémolo logo de que o Goberno Central do PP suprimise a súa achega a este programación, que historicamente o Estado financiaba nun 50%”.

As obras consisten na mellora de case 4 quilómetros, concretamente, dende o punto quilométrico 2,300 ó 6, nos que se levarán a cabo os seguintes traballos: aglomerado en quente; ensanche da vía, pasando dos 4 metros ós 6; eliminación de curvas perigosas; sinalización vertical e horizontal; e colocación de biondas e ollos de gato.

Anteriormente, a Deputación mellorou outro treito desta vial, exactamente, o que discorre dende o quilómetro CERO ó 2,300, achegando para elo outros 300.000 euros de fondos propios. Deste xeito, tendo en conta as obras que se iniciarán de xeito inmediato, a Deputación mellorará máis de 6 quilómetros da estrada da Pobra de San Xiao a Carracedo, que é o principal acceso dos núcleos destas zona cara Láncara, facendo un esforzo inversor superior ós 700.000 euros.

A Xunta de Goberno tamén aprobou as contas xustificativas de 3 obras do Plan de Comunidades Veciñais, que consistiron na mellora de dotacións públicas en núcleos rurais de Antas de Ulla e O Valadouro. Contaron cun orzamento de 12.300 euros, que a Deputación financiou na súa totalidade.

21 de abril de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.