publicidade hoxe

I Torneo de Semana Santa Imdecum na Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLugo
A-
A+

A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña segue traballando na súa aposta polo futuro do fútbol sala. Tras a clausura da Liga Prebenxamín da Mariña 2013-14 a pasada fin de semana, Imdecum estrea o Torneo de Semana Santa de Fútbol Sala Base, que terá lugar o Xoves Santo, 17 de abril, e reunirá en Vista Alegre as categorías prebenxamín, benxamín e alevín do AD Santiago de Foz e ED Burela FS, xunto ao coruñés Unidad Fene FS.

O presidente da fundación, Marcelino Luna Almarza, presentou a cita esta mañá na sede de Imdecum acompañado polo recentemente nomeado director técnico-deportivo da entidade, o burelao Alfonso Mera Río. O profesional mariñán, licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, con máster en Administración e Xestión do Deporte polo Comité Olímpico Español e en Preparación Física en Fútbol, asume este cargo avalado por unha dilatada experiencia laboral na formación de base, como director da ED Burela FS dende 2007, ademais de exercer como preparador físico do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS, na actualidade, e do equipo campión de Liga 2013-14 e Copa de España 2014 da Primeira División de Fútbol Sala RFEF.

Horarios. O torneo arrancará ás 9.30 horas co enfrontamento de alevíns entre burelaos e focegos e porá fin ás 19.45 horas co compromiso prebenxamín entre AD Santiago e Fene FS. A entrega de trofeos clausurará a xornada ás 20.45 horas.

15 de abril de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.