publicidade hoxe

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao e o Banco Sabadell subscriben novas vías de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurenseSan Cibrao das Viñas
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O Presidente da Asociación de Empresarios, José Elías Mera Martínez, e a Xefa Territorial de Banco Sabadell, María del Carmen Vilabrille López, rubricaron esta mañá un acordo co que inician unha liña de colaboración en beneficio das empresas da área industrial de San Cibrao.

Facilitar o acceso ás novas tecnoloxías, financiamento do circulante e de investimentos en activos fixos mediante préstamos e leasing, ou cobertura ás necesidades financeiras tanto de ámbito nacional como internacional, son algunhas das liñas que o SabadellGallego pon disposición das empresas de San Cibrao, a través deste convenio.

Así mesmo, Sabadell Galego facilitará aos asociados da organización empresarial, información e acceso ás liñas de financiamento subvencionadas que saian ao mercado, tanto a nivel estatal como autonómicas, así como asesoramento en proxectos de eficiencia enerxética e comercio electrónico.

28 de abril de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.