publicidade hoxe

Xornada de Maridaxe de Lacón Galego con viño de Amandi a cargo da Escola de Hostalería de Rosende

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende celebra mañá unha xornada de maridaxe do Lacón Galego (IXP) con Viño de Amandi en colaboración co Concello de Sober.

Ás 12:30 horas levarase a cabo unha presentación do lacón galego impartida polo presidente do Consello Regulador Lacón Galego para o alumnado da Escola.

Ás 13:30 horas farase a maridaxe do lacón galego cos viños de Amandi-Ribeira Sacra. O acto está aberto ao público e nel participarán o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o presidente do Consello Regulador Lacón Galego, o presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra e os viticultores que participan na XXXIV Feira do Viño de Amandi.

Degustaranse viños DO Ribeira Sacra e pinchos elaborados con lacón galego na Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias.

Os pratos previstos son os seguintes:

1.- Vieira, lacón galego DOP, compota de cebola e redución de laranxa.

2.- Focaccia de lacón galego DOP, queixo San Simón e ensalada de brotes.

3.- Lacón galego DOP glaseado ao Mencía sobre castañas e o seu consomé.

4.- Lacón galego DOP, pataca, chourizo de cebola con crema de grelos e aire de encurtidos.

17 de marzo de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.