publicidade hoxe

A rede co Reacciona coas Tic vende mel de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSober
A-
A+

O Deputado da Área de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, fixo balance este xoves dos resultados do plan Reacciona coas Tic no Concello de Sober, durante unha reunión mantida cos responsables dunha das 150 empresas de toda a provincia -30 delas radicadas na Zona Sur da provincia-, que se beneficiaron deste programa, pioneiro en Galicia, que a Deputación de Lugo puxo a disposición de todas as Pemes e autónomos da provincia para potenciar estes negocios a través das novas tecnoloxías.

Sotuela mantivo unha xuntanza co responsable da empresa Mel do Castro, Francisco Vázquez Pérez, adicada á produción e ó envasado do mel, que grazas ó Reacciona coas Tic pode comezar a recibir pedidos a través de Internet.

Tras reunirse cos responsables de Mel do Castro, Miguel Ángel Sotuela destacou a importancia de prestar apoio ós pequenos negocios no eido das Tic para facilitarlles, por exemplo, dar resposta ás novas tendenzas do mercado, “que deixan claro que o consumidor cada vez esixe máis rapidez no servizo”. De feito, os responsables desta empresa están moi satisfeitos do novo enfoque que foron capaces de dar ó seu negocio, que ten as miras postas no 2015 para comezar a distribuír fóra de Galicia.

Neste sentido, o Deputado subliñou as posibilidades de crecemento que as novas tecnoloxías ofrecen a Pemes e autónomos. “É fundamental, por exemplo, contar con páxinas web que dean visibilidade. A tendencia é que as empresas xa non poidan permitirse a relación cos clientes só de xeito presencial”, destacou.

30 empresas do sur lugués no Reacciona coas Tic

A empresa visitada hoxe é unha das 30 empresas da Zona Sur da provincia que grazas ó Reacciona coas Tic puido acceder ó uso de software e formación gratuíta que o organismo provincial puxo á súa disposición a custe cero, grazas a achega de 40.000 euros. Pemes e autónomos de Monforte de Lemos (7); Sarria (9); Chantada (4); Palas de Rei (2); Taboada (2); Pantón (1); Samos (1); Sober (1); Quiroga (1) e Paradela (1), accederon a ferramentas tecnolóxicas tras ser auditadas por técnicos da Deputación.

27 de marzo de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.