publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña mellorará a iluminación pública en Mañón cun investimento de 88.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMañón
A-
A+

A Deputación da Coruña deu luz verde no pleno da sesión celebrada o pasado venres á sinatura dun convenio co Concello de Mañón que permitirá  financiar as obras para a mellora da iluminación pública en varios puntos do municipio, así como para a iluminación das pistas de pádel.

A achega provincial que se inclúe no texto é de 87.995,49 euros, o que supón o 80% do investimento total necesario para levar a cabo as actuacións e que alcanza os 109.994,36 euros.

As actuacións incluídas neste acordo comprenden a substitución de 26 luminarias en Mogor e na zona da piscina; o cambio de 13 luminarias na estrada que vai ao centro escolar e no camiño anexo ao centro escolar ata a estrada de Bares. Ademais, substituiranse 15 puntos de luz na rúa Rafael Campillo Gómez; 33 nas rúas Federico Maciñeira e Alfredo Dovale, ata  o porto do Barqueiro; 38 en Ribeiras do Sor; 30 en pontes de ribeiras; 24 na  Igrexa de Grañas; 20 en Carrodeguas; e 35 no Porto do Barqueiro.

Ademais, grazas a este convenio poderanse iluminar as pistas de pádel coa instalación de 8 proxectores de 400 watts. 

31 de marzo de 2014 | 20:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.