publicidade hoxe

O ‘Bar cultural’ de Sober abre novamente as súas portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober sacou a concesión polo prazo dun ano o ‘Bar Cultural’ cuxas dependencias se atopan no interior do Centro Sociocultural da localidade. O establecemento abre hoxe as súas portas de novo tras cinco meses nos que permaneceu sen actividade.

Os encargados, propietarios do Mesón Os Castros de Pantón, farán unha inauguración do local que durará tres días, desde hoxe e ata o venres. O ‘Bar Cultural’ permanecerá aberto desde as sete e media da mañá e ata a noite. O día de peche será o sábado.

Hoxe mércores, coincidindo coa feira na localidade haberá pinchos de callos e polbo de balde. Pola tarde levarán a cabo unha degustación de xamón a cargo dun cortador profesional. Os días seguintes tamén haberá unha degustación de mexillóns, así como unha festa de celebración do día dos namorados o venres día 14 que contará coa presenza dun DJ.

A xerente do local explica que manterán a súa estratexia comercial de ter tapas gratis, “posto que as tapas nin se escollen, nin se pagan”, afirma.

12 de febreiro de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.