publicidade hoxe

Teté Delgado e Fernando Romay serán os padriños do proxecto “Ligaflash” de apoio aos afectados por doenzas reumáticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O sábado, 25 de xaneiro, ás 12:00 horas, na sala Peter Einsenman da Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do proxecto Ligaflash, unha iniciativa promovida pola Liga Reumatolóxica Galega coa que se pretende dar visibilidade a todas aquelas persoas afectadas por doenzas de tipo reumático.

O obxectivo desta proposta é a posta en marcha dunha exposición fotográfica que percorrerá tanto Galicia coma outras comunidades autónomas e europeas, na que se exhibirán os traballos feitos durante todo este ano polos fotógrafos e fotógrafas galegos.

A Liga e o proxecto contan como padriños con Fernando Romay e Teté Delgado – que asistiran ao acto.

L.R.G.

A Liga Reumatolóxica Galega, fundada no ano 1996, é unha asociación sen ánimo de lucro formada tanto por persoas con enfermidades reumáticas coma por familiares e profesionais cuxa finalidade fundamental é a de ofrecer axuda e asesoramento non só a todas aquelas persoas afectadas por algunha enfermidade deste tipo, senón tamén ás súas familias.

En Galicia, máis de 600.000 galegos e galegas sofren algún tipo de patoloxía reumática, mentres que un de cada tres poderá desenvolver algunha delas ao longo da súa vida.

23 de xaneiro de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.