publicidade hoxe

O Concello de Sober suma unha nova veciña centenaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou esta mañá no seu domicilio de Vaz, en Vilaescura, a Francisca González Pérez, á que acompañou na celebración do seu 100 aniversario.

Con esta nova centenaria o Concello de Sober suma nove veciños e veciñas que pasan dos 100 anos.

O alcalde fíxolle entrega dun agasallo e compartiu con ‘Panchita’ -como así a coñecen na aldea- e coa súa familia e veciños da parroquia cos que compartiu doces, café e pastel de centenario para celebración deste día tan especial.  

22 de xaneiro de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.