publicidade hoxe

As obras de mellora da estrada Cachafeiro-Vilapouca serán licitadas antes do vindeiro verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiLocal Portada
A-
A+
Hernández na reunión coa alcaldesa de Forcarei

Hernández na reunión coa alcaldesa de Forcarei

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou á alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, que Axencia Galega de Infraestruturas está a supervisar o proxecto de adaptación de mellora da estrada PO-536, Cachafeiro-Vilapouca, co fin de poder licitar as obras antes do vindeiro verán.

Este foi un dos compromisos que Hernández trasladou á alcaldesa de Forcarei, coa que mantivo onte unha reunión de traballo. O conselleiro de Medio Ambiente tamén lle manifestou que, previamente, a Axencia Galega de Infraestruturas acometerá unha actuación inmediata na estrada Cachafeiro- Vilapouca (PO-536) para reparar os defectos superficiais mais urxentes. Sinalou que as precipitacións que se están a rexistrar estes días non permitirían consolidar e fixar o material asfáltico, polo que esta actuación se iniciará en canto as condicións meteorolóxicas melloren.

A continuación, unha vez supervisado o proxecto que define a mellora integral, licitaranse as  as obras que se executarán dentro do dominio público da estrada, e coas que se conseguirá incrementarse de xeito significativo a comodidade da estrada e a súa seguridade. Ademais de rehabilitar o firme mellorarase a drenaxe mediante a colocación de cunetas formigadas de seguridade.  Estas melloras foron priorizadas pola Administración local.

Para levar a cabo este proxecto viario, a Consellería de Medio Ambiente prevé licitar esta obra por un importe que se achegará aos 800.000 euros, aínda que pode variar dado que na actualidade se atopa en fase de supervisión, polo que as correccións que se engadan poden cambiar o importe final do orzamento.

16 de xaneiro de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.