publicidade hoxe

Curso de informática en Tordoia para inculcar aos veciños no uso de internet e as redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

A Casa da Cultura do Concello de Tordoia acolleu o peche dun último curso de informática que se celebrou no municipio dirixido aos veciños co obxectivo de adiestralos nos coñecementos básicos nesta materia. Nesta nova edición foron nove os que remataron con éxito a formación de 40 horas que fixeron posible que os alumnos participantes tomaran contacto co uso do ordenador, buscas en internet, correo electrónico e os programas do paquete de Microsoft Office, sen esquecer a necesaria introducción ás redes sociais e o seu uso. Todos amosáronse moi satisfeitos de poder acadar algunhas habilidades básicas que lles permitan perder o medo á informática, adquirindo coñecementos precisos para poder manexarse no sistema operativo Windows e nos seus programas máis empregados.

Na clausura do curso asistiron o tenente alcalde Amadeo Cancela e o profesor David Silveira, que fixeron entrega dos diplomas de aproveitamento do curso. Próximamente faránse novos cursos de informática para aquelas persoas que esten interesadas, só teñen que anotarse na Casa de Cultura en horario de 16:00 a 21:00 horas.

17 de decembro de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.