publicidade hoxe

Colexios, asociacións, comercios e Concello de Abegondo únense nunha campaña de recollida de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo emprende a campaña solidaria “O Nadal en todos vos fogares”. Trátase dunha iniciativa que ten como principal obxectivo apoiar ás familias con poucos recursos do municipio nunha data tan sinalada como o Nadal. A campaña está organizada de forma conxunta polo Concello, os centros educativos, as asociacións de veciños das diferentes parroquias, os comercios locais e a pena deportivista Javi Rego, con sede en Crendes.

Unha ampla colaboración que pretende que as achegas sexan moitas para contribuír cos veciños con máis dificultades. A campaña estará aberta até o vindeiro mércores, 18 de decembro. Os interesados en colaborar poden depositar as súas achegas nos puntos de recollida dispostos na casa consistorial, os colexios, centros sociais, comercios ou igrexas. Coa iniciativa búscase recompilar tanto alimentos non perecedoiros como produtos de hixiene persoal e doméstica. Trátase de cubrir as necesidades básicas. Todos os produtos recolleitos será posteriormente distribuídos polo Concello entre as familias con máis necesidade.

11 de decembro de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.