publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio en Cervantes que afecta a 50 hectáreas mentres segue estabilizado o de Muíños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesMuíñosSucesos
A-
A+
E.P.

Un incendio forestal permanece activo este xoves no termo municipal de Cervantes (Lugo), que afecta a unhas 50 hectáreas de superficie, mentres que segue estabilizado o que arrasou unhas 300 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés na localidade de Muíños (Ourense).

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, dende as 00,10 horas deste xoves permanece activo un incendio na parroquia de Noceda, no municipio de Cervantes. Ademais, sinalou que continúa estabilizado o incendio na parroquia de Prado de Limia, en Muiños.

Pola súa banda, á 1,00 horas deste xoves quedou extinguido un lume forestal na parroquia de Arcos do municipio coruñés de Mazaricos, que queimou unhas 20 hectáreas.

Así mesmo, na provincia de Lugo foi extinguido ás 23.57 horas do mércores outro incendio forestal na parroquia de San Martín de Lúa en Pol, con 30 hectáreas afectadas, tres arboradas e 27 rasas.

Tamén quedou extinguido dende as 23,15 horas do mércores un incendio na de parroquia de Amarante, no termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), con 30 hectáreas afectadas.

12 de decembro de 2013 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.