publicidade hoxe

Iníciase a execución da Nova Senda Fluvial que percorrerá o tramo “O Seixo-As Laxes do Río Landres”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Unha nova senda está a ser executada polo Concello de Salceda de Caselas a través do Proxecto do Paseo Fluvial e Parque Etnográfico do Río Landres. Tramo “O Seixo-As Laxes” que percorrerá as parroquias de Parderrubias e Entenza. Este proxecto vaise a executar a través de fondos propios destinados na partida de inversións dos presupostos do ano 2013. A obra conta cun orzamento de 73.000€ sendo a empresa adxudicataria Magonfer S.L.

As actuacións que se están a levar a cabo na execución do proxecto é o movemento de terras e firme sobre a que se vai a asentar a senda peonil, con borde de pedra, que percorrerá 839 metros con 2 metros de ancho que se encargará de unir o Centro de Desenvolvemento Local, sito na parroquia de Entenza, co Parque da Gándara. Dentro das actuacións contempladas na realización da senda se inclúe a construcción dunha ponte de madeira que será a encargada de unir as dúas marxes do regato do Landres, na área próxima ao antigo matadoiro, e a construcción de muros para o asentamento da pasarela de madeira e o pontillón de madeira que vai apermitir o paso aos muíños.

A recuperación etnográfica vaise a centrar na recuperación do muíño e lobadas do muíño do Gurito, un dos catro muíños que conforman a área, o resto dos muíños, dado o seu bo estado de consevación actual, van a sufrir unha intervención puntual. Este Proxecto foi presentado, xunto coa rehabilitación do Matadoiro para a súa posterior transformación en Centro da Xuventude e o Proxecto de rehabilitación e reconstrucción dos muíños e lavadoiro, dentro dos proxectos de desenvolvemento rural acollidos cos fondos LEADER 2007-2013. É un espazo clave a recuperar tanto pola súa ubicación como pola gran potencialidade que presenta a área como motor de desenvolvemento e integración de Salceda.

Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, destacou “que é moi importante seguir incidindo na recuperación do noso patrimonio etnográfico e natural a través dunha senda que ademáis é clave para unir o Centro de Desenvolvemento Local co Centro da Vila”. Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, asegura que”É unha obra clave para o noso Concello, xa que se trata dunha área que vai a acoller diversas infraestructuras que van a complementar o grao de desenvolvemento da nosa vila para poder obter todos os servizos e prestazóns que proporcionan a grandes vilas. O Goberno de Salceda de Caselas ten unha aposta firme pola recuperación e adecuación do entorno natural creado polo río Caselas e os seus afluíntes para o disfrute de todos os veciños e veciñas de Salceda, que permiten un desenvolvemento acorde co Medio Ambiente, potencializando zonas de difícil tránsito e convertíndoas en áreas de frecuente uso”. “Estamos a convertir Salceda nunha vila chea de vida”

26 de novembro de 2013 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.