publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rodeiro recibiu 63.000 euros destinados a melloras ambientais dentro do Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRodeiro
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe Rodeiro para comprobar os investimentos realizados no concello ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Na súa visita, Rueda estivo acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do alcalde da localidade, Luis López.

O ano pasado Rodeiro recibiu máis de 63.000 euros que lle permitiron facer melloras no abastecemento de augas e de aforro e eficiencia enerxética; así como adquirir materiais ou cubrir parte dos gastos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural. Este ano recibiron unha achega similar cos que comprarán un vehículo para labores de prevención de incendios forestais.

O Goberno galego puxo en marcha o Fondo de Compensación Ambiental no ano 2010, procedente do canon eólico, e permitiu que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente das explotacións do vento en Galicia. Así, nos catro anos que leva en marcha o Fondo, ten repartido entre concellos galegos preto de 40 millóns de euros dedicados a actuacións medioambientais.

O Fondo de Compensación Ambiental representa un triplo beneficio para as entidades locais galegas: axuda ás súas facendas; coopera na conservación do medio natural e é unha clara mostra da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia.

4 de outubro de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.