publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

I Enduro infantil Taboexa Endurance

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesDeportes
A-
A+

A intención da convocatoria aos máis pequenos para unha proba de enduro é achegalos a unha nova modalidade de motociclismo off road. Certo é que debido á súa idade, non é posible organizar para eles unha proba de enduro puro (con rally aberto), pois para iso é necesario contar con carné de conducir e motocicleta matriculada. Non obstante, si poden descubrir os tramos cronometrados e especiais, xa que se trata de recintos pechados onde aprender e familiarizarse cunha parte do enduro.

Contarán con dúas categorías, repartidas da seguinte forma:

1.- 65c.c: Para nenos con licenza FGM ou RFME de entre 6 e 11 anos, con motocicletas de 50c.c e 65c.c.

2.- 85c.c: Para nenos con licenza FGM ou RFME de entre 12 e 15 anos, con motocicletas de 85c.c.

Este ano, a licenza FGM para estas dúas categorías É GRATUÍTA (subvencionada pola Xunta de Galicia). A inscrición para a carreira é de 15 € e débese tramitar todo (inscrición e licenza) na FGMoto, como para as carreiras de motocrós e supercross (www.fgmoto.org). O prazo pecharase o 31 de outubro.

A organización da proba marcará unha especial cun percorrido que oscilará entre os 700 e os 1.000 m, con entrada e saída. Todos os participantes poderán dar dúas pasadas de adestramento que non serán cronometradas. A partir de aí, comezarase a competir. Os pilotos sairán por categorías, cun intervalo entre eles de 30 segundos e o número de pasadas dependerá do total de inscritos (non menos de 4). O gañador da proba será aquel que consiga o menor tempo total tras a suma de todas as pasadas, seguido do segundo e o terceiro.

Recordar que non se xoga máis que o aprender e gozar, pois non está convocado aínda este ano un campionato de enduro infantil. Os maiores que acudan a correr a Taboexa Endurance, así como xente vinculada co mundo do enduro, verán aos participantes e poderáselles pedir consello.

21 de outubro de 2013 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.