Calvo reúnese coa corporación de Santiso para repasar os proxectos acometidos pola Deputación
Neste senso, o mandatario provincial destacou que unha terceira parte do orzamento destínase aos concellos a través de plans e cun reparto por criterios obxectivos. No caso de Santiso, o concello recibiu no 2013 a través do POS 198.278,61 euros, dos cales case 119.000 euros foron destinados a gasto corrente. A través do DTC 94, Santiso acometeu reparacións en diferentes camiños do municipio por valor de 134.000 euros e destinou a gasto corrente 64.000 euros.
Respecto a estes plans, Calvo fixo especial fincapé nas facilidades outorgadas aos concellos para destinar parte das cantidades asignadas a través de plans a gasto corrente e recordou os adiantos extraordinarios con motivo do Plan de Pago a Provedores realizados aos concellos que teñen delegada a xestión de tributos e impostos na institución provincial, o último este mesmo mes de xullo e que supuxo para o Concello de Santiso liquidez por valor de case 58.000 euros para elaborar o plan esixido polo Estado.