publicidade hoxe

Quiroga acolle a carpa Xplora Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalQuirogaXuventude
A-
A+

Esta instalación estará situada na rúa Camilo José Cela, entre as 23.00 h e as 3.00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é informar á mocidade dos distintos recursos que teñen á súa disposición.

Os interesados contarán tamén co asesoramento de técnicos especializados.

A carpa informativa Xplora Xuventude, da Consellería de Traballo e Benestar, estará instalada esta noite no concello de Quiroga. Deste xeito, entre as 23.00 horas e as 3.00 horas, os participantes poderán achegarse ata a rúa Camilo José Cela, onde estará situada.

Esta iniciativa, levada a cabo pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten como obxectivo tentar achegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados a mocidade, aproveitando a celebración de eventos con gran afluencia de público.

Na carpa, os interesados poderán consultar contidos e recursos de interese, ao tempo que contarán co asesoramento de técnicos especializados, que forman parte da Rede galega de dinamización xuvenil.

A instalación servirá tamén como un espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

Para a consulta sobre as datas e lugares de realización desta campaña informativa, os interesados en participar poden atopar máis información na páxina web xuventude.xunta.es.

9 de agosto de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.