publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Esta semana remata o prazo para presentarse ao Certame de Poesía Antón Zapata García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocalLocal Portada
A-
A+

Esta é a última semana de prazo para presentar poemas aspirantes a gañar o VII Certame de Poesía Antón Zapata García que por sétimo ano consecutivo, celebra o concello de Laxe, co motivo de promover a figura do poeta Antón Zapata García, orixinario destas terras, así coma impulsar o importante papel da poesía na nosa cultura.

Oo Certame está aberto a todos os veciños e veciñas do lugar, así coma a todas as persoas que, alleas ao Concello de Laxe, desexen participar, podéndose inscribir nas categorías de infantil, xuvenil e adulta ata o próximo luns 19 de agosto ás 11:00 horas.

As bases para participar no Certame, poden recollerse directamente nas oficinas xerais, de Cultura e Turismo do Concello de Laxe ou ben, consultalas e descargalas directamente na nosa páxina web:http://www.concellodelaxe.com

O resultado do xurado darase a coñecer o sábado 24 de agosto no coñecido coma Solpor Poético, que terá lugar, se o tempo o permite, no marco incomparable da Praia dos Cristais a partir das 20:30 horas. Neste acto, ademais de facer entrega dos premios aos gañadores/as, contaremos co cantautor Xoán Eiriz que, conxugando música e poesía, amenizará a velada, achegándonos un programa cheo de poesías musicadas, cantigas tradicionais e coñecidos temas universais en galego.

Os premios, constarán dun lote de libros e un diploma acreditativo para cada gañador/a de cada unha das categorías establecidas.

12 de agosto de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.