Remata a tempada de balneoterapia en Paderne
O pasado 14 de xuño rematou outra tempada de balneoterapia mediante a cal as persoas maiores poden acudir ó balneario de Guitiriz a recibir tratamentos termais nas instalacións do citado balneario.
Desde comezos de ano e cunha periodicidade mensual, trinta persoas en cada unha das visitas, puideron beneficiarse deste programa que ven de solicitar cada ano o Concello de Paderne coa intención de contribuír ó benestar dos seus habitantes e que está a ser un éxito desde os seus comezos recibindo sempre máis solicitudes que prazas dispoñibles.
No remate desta tempada, o grupo foi despedido polo Alcalde coa promesa de seguir traballando polo mantemento deste importante servizo para tódolos maiores.