publicidade hoxe

O estilo Land Rober chega a Vilagarcía da man de Roberto Vilar e “A cabeza non para”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Roberto Vilar e o seu elenco chegan esta fin de semana a Vilagarcía cun show de humor de cen minutos cargado de sketches, personaxes, música, participación do público e moitas risas. O popular showman e humorista coñecido polas súas aparicións en diversos programas da TVG e polo seu programa Land Rober, porá en escena “A cebeza non para”, un espectáculo que mestura teatro con disparatados gags e no que aparecerán coñecidos personaxes, como o vilagarcián Manolito o pescador, que para a ocasión rebautízase como Fisherman, facendo gala do vilagarcianismo máis british.

O espectáculo será o sábado, 8 de xuño no Auditorio Municipal ás 21 horas. As entradas véndense a un prezo único de 14 euros. Pódense mercar de xeito anticipado a través de http://www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 (máis custes de xestión en ámbolos dous casos) e o día da función, na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

“A cabeza non para” é o titulo dun espectáculo completamente aberto á improvisación e no pode pasar de todo, “mesmo que nos dea a risa no escenario”, explica o propio Vilar.”É a primeira vez que estou tan próximo ó público, sen unha pantalla polo medio, e ese contacto tan directo é verdadeiramente máxico”, sinala o coñecido presentador. “Unha cousa témola clara: o único obxectivo é facer rir, que a xente se esqueza de todo e goce durante a hora e media que dura o espectáculo”.

Vilar dálle vida a varias das súas personaxes máis populares, como o “paciente impaciente” Felipe II, ou ó máis divertido Garda Civil ademais dunha nova e brillante personaxe que está a acadar a admiración popular. “Non quero desvelar nada porque o mellor é ir velo, pero trátase dunha situación moi recorrente que se podería dar perfectamente no Galicia Noticias”.

Acompáñano nas táboas o tamén presentador Juan Fuentes (agora mesmo en pantalla na TVG co concurso Pola cara), o cantante de copla reconvertido por Vilar ó estilo brit-pop Manolito ‘The Fisherman’, o actor teatral e compañeiro de pantalla en proxectos como “Os Tonechos” e “Land Rober” Roberto Gómez, e o actor xovense Juan Ramón (Land Rober).

Roberto Vilar, actor e presentador galego, nado en Xove (Lugo) no ano 1971.

Os Inicios

Comenzou como cámara e axudante de realización de programas de televisión na cadea autonómica galega (TVG), pero non tardou en pasar ao outro lado da cámara. Os seus primeiros traballos en televisión foron nos programas, emitidos na canle autonómica galega, “Supermartes” e “Con Perdón” e na serie “Pequeno Hotel” na que interpretaba a un peculiar recepcionista. Anteriormente tamén tivo realizado cortos, algúns deles con Boris Izaguirre de director.

ÉXITOS:

O seu éxito chega ao interpretar na parella humorística “Os Tonechos” o papel de Tonecho (personaxe dun pai “desastre, folgazán e despreocupado” ) xunto ao tamén cómico Víctor Fábregas no papel de Tucho. Desde o ano 2000 ata o 2006 realizan numerosas actuacións no programa da Televisión de Galicia “Luar”, onde acadan un éxito rotundo. Atrévense así posteriormente co reto de ter o seu propio show, no prime time da cadea, “O show dos Tonechos”. Esta producción semanal compaxinaba unha sitcom en directo con sketches tamén en directo. Despois de dúas tempadas con este programa continúan co “Show dos Tonechos” pero xa realizando unha sitcom en directo de 80 minutos e sendo récord de audiencia na TVG. Despois de 6 anos de éxito, o dúo “Os Tonechos” decide emprender iniciativas individuais.

En decembro de 2007, Roberto Vilar constitúe a produtora DESTINO BERGEN S.L. da que é administrador único. Así empeza a crear e desenvolver algún dos seus proxectos, cortos, festivais de humor e pilotos para televisión.

No 2009, e despois dun ano de desaparecer da televisión, comenza un novo programa de humor que presenta, dirixe e produce chamado “Land Rober” xunto a outros colaboradores. Neste programa tratan o humor desde a coñecida retranca galega, ao mesmo tempo tamén se realizan entrevistas a personaxes famosos e actuacións musicais en directo.

Despois de 60 programas, estableceuse como o programa de referencia, e co que, semana tras semana os números de seguidores aumenta.

Nas edicións dos Premios do audiovisual de Galicia que concede a Academia Galega do Audiovisual, os Mestre Mateo, recolleu os premios:
Mellor Comunicador de TV 2010 e 2011
Mellor Programa de TV 2010

En setembro de 2011 ficha por MEDIASET COMUNICACIÓN (TELECINCO e CUATRO) na que ata o de agora presentou o concurso “Salta a la vista” en Cuatro.

Actualmente está preparando a súa prineira xira de teatros, coa que percorrerá os principais teatros galegos co Show A CABEZA NON PARA. Un show de 90 minutos de duración con scketches, música e monólogo.

3 de xuño de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.