publicidade hoxe

XLII Festa do Peixe no Concello de Bande o 25 e 26 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeCalendarioLocal
A-
A+

03052013-7O Concello de Bande festexa o sábado 25 e o domingo 26 de maio a XLII Festa do Peixe durante a que todos os días festivos se poderán degustar os mellores pinchos na Praza da Constitución.

Rntre as actividades lúdicas e culturais destacan o campionato de pesca previsto para a primeira xornada festiva, así como un percorrido de caza para afeccionados e incluso un mercado de artesanía; aínda que o gran reclamo do sábado será a degustación da empanada en forma de peixe de máis de 15 metros.

Para o domingo resérvase unha ruta cabalar e encontro futbolístico, continuando o mercado de artesanía, antigüidades e rastro e reservando un especial apartado para a degustación de peixes, empanadas e pan artesal para o serán.

Duran toda a fin de semana estas actividades culturais, gastronómicas e deportivas estarán amenizadas por diversos grupos e charangas.

Para acceder ao programa completo pincha aquí.

3 de maio de 2013 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.