publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Obradoiro de etnobotánica e micoloxía de primavera en Covelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloLocal
A-
A+

A asociación Covelo Natural organiza un programa de actividades durante os meses de maio e xuño có obxecto de acercar o coñecemento do medio natural a persoas e colectivos interesados.

O sábado 18 de maio impartirase unha charla e roteiro guiado na búsqueda e identificación de especies vexetais máis características desta estación determinando as súas propiedades e usos tradicionais.

En sábados posteriores (25 de maio e 1 de xuño); dúas saídas guiadas na búsqueda de variedades micolóxicas propias da estación así como tamén das variedades botánicas comentadas.

Xornada de coñocemento do alto val do Tea e os elementos que o conforman, así como actividades de identificación de especies no entorno da praia fluvial de Maceira. Visitaremos a aula de interpretación da natureza do Aserradoiro dos Carranos onde se visualizarán tres vídeos sobre a serra do Suído, o propio aserradoiro, e o ecosistema do río Tea. Posteriormente realizarase unha andaina da ruta dos Carranos ata chegar a praia de Maceira onde se realizarán diversas actividades de explicación e identificación de especies e unha comida tipo picnic tódolos participantes.

14 de maio de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.