publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para participar na 7ª edición da Feira de Artesanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalOuteiro de Rei
A-
A+
Mostra na edición anterior

Mostra na edición anterior

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 6 de xullo.

Ao igual que nas pasadas edicións, na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 2 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:30 h.

O  Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores  admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo ).
Este importante evento para Outeiro de Rei  sirve para apoiar á produción artesanal local, o comercio e a hostalería municipal, dando a coñecer ademais os recursos e atractivos turísticos deste municipio. Esta iniciativa ábrese tamén  á participación doutros artesáns de Galicia e de fóra da CCAA  e a expositores de produtos de alimentación de calidade; todos eles precisan deste tipo de eventos para darse a coñecer e comercializar os seus produtos.

Na pasada edición o número total de postos foi de 94 dos cales 77 estiveron encadrados na sección de artesanía.

26 de abril de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.