publicidade hoxe

A Asociación de déficit de atención e hiperactividade integra o programa Hedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Asociación de déficit de atención e hiperactividade (ATDAHYNE) xa forma parte do proxecto Hedra, logo de que esta mañá a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces e a presidenta da asociación, María Montserrat Álvarez Rodríguez asinaran o protocolo de emprego de espazos para asociacións na Casazul, pertencentes ao programa Hedra.

Hedra ten por obxecto consolidar o tecido social do Concello de Pontevedra impulsando e favorecendo o movemento asociativo que atinxe ao eido do benestar social. A achega da Casazul basearase, fundamentalmente, en proporcionar e rendabilizar os recursos, como pode ser un local social así como o emprego das súas instalacións, para acadar un efecto sinerxia aproveitando as redes de apoio con políticas axustadas ás circunstancias socioeconómicas actuáis.

A ATDAHYNE xurde da necesidade das familias afectadas de Trastorno por Déficit de atención e hiperactividade de Pontevedra de asociarse para loitar conxuntamente polos seus dereitos. É unha asociación sen ánimo de lucro que promove o coñecemento da súa diversidade a nivel educativo e favorece, así, a súa mellor integración social.

Promove o coñecemento das súas necesidades dando resposta ás súas dúbidas a través dunha terapia que recolle tanto o apoio educativo como o lecer e o tempo libre, ademáis de formación para educadores, mestres, pais e nais.

24 de abril de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.