publicidade hoxe

Odaiko «Galician on board»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilalba
A-
A+

O grupo  galego  Odaiko Percussion Group, chega o auditorio Carmen Estévez de Vilalba co espectáculo «Galician on board» o vindeiro domingo 17 de marzo ás 19.00h.

Galician on Board fai unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representa o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc, están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusiva tratada dun xeito vangardista.

Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se mesturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que da resposta ao noso presente.

 Conta coas colaboracións dos prestixiosos artistas galegos Guadi Galego e o gaiteiro X.M. Budiño.

As entradas xa están a venda a un prezo único de 5€, podénse adquirir na Oficina de Cultura de 9h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h,  e no auditorio o mesmo día da actuación.

13 de marzo de 2013 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.