publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Primeiro Fiadeiro dos Reis das Terras do Riós o sábado 5 de xaneiro en Florderrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiós
A-
A+

O concello de Riós e a Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizan en Florderrei (Riós)o sábado ás 17:30 horas da tarde unha homenaxe á Tía Pilar Tierro Prado, unha coñecida cantora desa localidade, falecida no 2006 e á que recentemente tamén se lle dedicou unha escultura na súa memoria. O acontecemento ten lugar o día 5, coincidindo coa fecha na que tradicionalmente as mulleres e homes da zona cantaban “os reis” mentras visitaban as distintas casas do poblo. No acto de homenaxe, veciños e veciñas da zona dedicarán cantares de reis a todos os asistentes que se animen a acudir á cita, estando acompañados polo director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xose Luis Foxo, e outras persoalidades públicas, como o alcalde de Riós e outros representantes de municipios da zona. A continuación a Banda de Gaitas de Riós tamén amenizará a velada tocando algunhas pezas tradicionais.

15 de febreiro de 2013 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.