publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello organiza unha excursión a Leitariegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal
A-
A+

A saída terá lugar do Campo do Rosario ás 04:30 h

Prezos
Adultos: Se sabe esquiar : 39 € – Se non sabe: 33 €
Nenos ata 14 anos: 31 €

Este prezo inclúe o desprazamento en autocar, o forfait para poder facer uso das instalacións da estación (telesilla, telesquí e pistas) así como tamén o aluguer do material para esquiar (botas, bastóns, esquís e casco para os nenos). Os que aluguen material de snow incrementarán o prezo 9 euros. Curso de esquí ou snow cun monitor 32€ para máximo 10 persoas por hora de curso. Participantes que non necesiten aluguer de material: 25 € adultos e 19 € menores de 14 anos.

O número máximo de prazas será de 25 persoas, este número poderase incrementar en función da demanda, pero será o Concello o que decidirá se se amplían ou non as prazas (polo que os prezos variarán), o mínimo para a realización da excursión é de 21 participantes.

Datos para anotarse: nome e apelidos, enderezo, teléfono, ski/snow, altura, nº pé, peso e idade. Indicar se saben ou non esquiar. Anotarse antes do 28 de xaneiro na casa do Concello.

Poderán acudir sen acompañante os menores de idade maiores de 14 anos sempre que conten con autorización do pai/nai ou titor/a.

15 de xaneiro de 2013 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.