A Banda-Escola Isabel II protagoniza o ‘Concerto de Nadal’ de Touro
A Banda-Escola de Música Isabel II e os seus mozos músicos foron os protagonistas o pasado fin de semana do ‘Concerto de Nadal de Touro. Acudiron, fundamentalmente, veciños do municipio e visitantes que chegan ao Concello durantes estas festas. O concerto tivo lugar na tarde de onte domingo, 21 de decembro, na recén estreada Casa da Cultura de Fonte Díaz.
Como é tradicional, a banda e a súa escola de mozos músicos interpretaron un repertorio con pezas do Nadal e outras obras musicais. A formación musical aproveitou a ocasión para mostrar o traballo desenvolvido durante todo o ano e para desexalo aos veciños e veciñas de Touro un feliz Nadal e un próspero 2015. O Concello de Touro, que apoia a iniciativa da Banda e o seu Escola de Música, mostra especial interese por impulsar a formación entre os máis novos do municipio e motivalos no estudo da música.