Campamento Campalledo en Cotobade
O CEIP de Carballedo, acolle durante estas dúas semanas, dúas quendas de Campamento
O Alcalde, Jorge Cubela, onte a tarde doulle a benvida aos 30 nenos da primeira quenda do Campalledo.
Esta actividade consiste na celebración dun campamento de pernocta en Carballedo para nenos e nenas, co nome de Campalledo.
Comezou no verán de 2011, polo que esta será a IV Edición.
60 rapaces, divididos en dúas quendas de 30 nenos, durante 15 días, desfrutarán da convivencia, da natureza, dos recursos e de numerosas actividades no noso pobo, con sede en Carballedo.
Este ano, ademais das prazas reservadas para os nenos empadroados en Cotobade, recibimos a nenos de Bembrive ou A Coruña…
A organización do Campalledo licitouse polo procedemento de concurso público aberto, cun prezo de licitación de 12.000 euros, ganando a empresa adxudicataria o procedemento entre 4 empresas en 8.900 euros máis o 10% de IVA, sendo exemplo de transparencia unha vez máis, incluso nos contratos menores.
Dende que entramos no Goberno Municipal incrementamos a inversión en actividades de ocio, deportes, educación e conciliación familiar para os máis cativos nun 50%, chegando a inversión neste verán ós 20.000 euros.
Este ano o proxecto recibe o nome de “A volta ao Mundo 2014”, diferentes actividades achegarán a costume e curiosidades dos diferentes países do mundo, comeza en Cotobade e pasa por China, Londres, Italia, Sudafrica, Australia e Nova York
Esta actividade é moi valorada polos pais, xa que achega aos seus fillos a relacionarse con outros rapaces e rapazas nun ámbito lúdico saudable.
Afastados durante unha semana das videoconsolas, a televisión e todo ocio pasivo.
Con esta experiencia dan valor ao compañerismo, o traballo en equipo, a cooperación,o respecto, a tolerancia … que lles van a permitir compartir experiencias moi diversas cos demais rapaces e rapazas e axudalos no seu desenvolvemento integral como persoas