A directora xeral da Administración Local reúnese coa presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais
A directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha reunión con María Luisa Varela, presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais. Continúa desta maneira a ronda de contacto có mundo veciñal, neste caso cos representantes de Cogave, que trasladaron a Xunta as súas inquietudes e necesidades máis urxentes.
A Xunta continúa impulsando o funcionamento das estruturas veciñais, para o que se volve a firmar o convenio de colaboración coa Confederación Galega de Asociacións de Veciños ‘Rosalía de Castro’ (Cogave). A aportación do ente público servirá para a financiación da programación e das actividades da agrupación, co obxectivo de dinamizar o movemento veciñal de Galicia.