Salvaterra acolle un curso para que os maiores coñezan o seu móbil
Arranca en Salvaterra de Miño o segundo curso de “COÑECE O TEU MOBIL”, un curso enfocado a maiores de 55 anos no que se busca que todas as persoas coñezan e saquen o máximo rendemento a unha ferramenta tan importante e indispensable como é hoxe en día o teléfono móbil.
Consultar o tempo, solicitar unha cita médica, ver a prensa, mandar un wasap…. son moitas das cousas que facemos habitualmente co noso teléfono, e dende o Concello de Salvaterra buscan que todos os seus veciños e veciñas lle saquen o máximo rendemento, iso unido a que este Concello é dos poucos que ten servicio de wiffi gratis en todo o seu municipio, co cal calquera veciño pode ter acceso a internet.
A Tenente de Alcalde, Marta Valcárcel Gómez recoñece que é moi importante saber manexarse coas novas tecnoloxías, xa que hoxe en día podemos facer case calquera cousa a través dos nosos teléfonos, e a veces os máis maiores necesitan un pouco de axuda, por iso naceu este curso, que debido a gran acollida que tivo o ano pasado repítese, e este ano ademais amplíase, xa que ten unha duración de dous meses, e que se une ao resto de cursos formativos dirixidos a adultos no Concello, como pode ser Informática Básica e Memoria.