O Seixo acolle unha exposición de coches e motos clásicas e festival solidario, con concertos en vivo e diferentes probas
A Praza do Seixo acolle este fin de semana o “I GassorGrass”, con exposición de coches e motos clásicas, de carácter solidario.
Haberá tamén mostra de construtores de motos, mercadiño de pezas de segunda man e venta de produtos relacionados coa temática do evento.
A instalación de postos é gratis igual que a inscrición, pero se pedirá a cambio alimentos non perecedoiros, que se destinarán a unha entidade benéfica.
Asemade haberá actividades complementarias e concertos en vivo de varios grupos (Los Pontiaks, KingsoftheBeach, YouDog, etc.).
Os concertos nocturnos serán o sábado, así como a acampada, no Campo do Alivio, mentres que os concertos sesión vermú terán lugar o domingo no Seixo, a partir das 12 do mediodía.
Paralelamente ás mostras, o sábado pola tarde celebrarase unha proba de “DirtTrack” no terreo anexo ao Centro Social de Estás.
Organiza o colectivo GalicianRyder coa colaboración do Concello.