O documental “Outro paralelo 43. De Fisterra a Vladivostok” preséntase en Muxía
O vindeiro sábado, 24 de outubro, ás 21:00 h. presentarase no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía o documental “Outro paralelo 43. De Fisterra a Vladivostok” de Roberto Moñino e Álvaro de Castro.
O documental amosa o camiño que transita dende Fisterra ata o punto máis oriental do continente asiático.
Os realizadores do documental- profesionais do audiovisual- tomaron o tren de maior percorrido do mundo para ensinarnos as marabillas que o camiño lles foi mostrando. Dende Moscú a Vladivostok,pasando por territorio mongol, a transformación tanto social como paisaxística debuxa un mosaico difícil de acadar en calquera outra viaxe imaxinabel. Paga a pena achegarse a velo!