Cores Tourís reúnese co novo capitán das sedes xudiciais de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión co novo capitán das sedes xudiciais de Pontevedra

Cores Tourís na reunión co novo capitán das sedes xudiciais de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao capitán Antonio Iglesias, novo responsable da coordinación da seguridade nos edificios xudiciais en Pontevedra.

Na reunión, Cores Tourís estivo acompañado por Ramón Pereiro, secretario territorial da Xunta en Pontevedra. Antonio Iglesias substitúe así ao anterior responsable deste cargo, o capitán Ignacio Espinosa, e a súa labor será a coordinación da seguridade dos edificios xudiciais con sede na Audiencia Provincial de Pontevedra, dependente da Comandancia da Garda Civil da cidade do Lérez.

12 de marzo de 2018 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.