Marisol Díaz Mouteira recibe ao actual alcalde do concello ourensán da Pobra de Trives

Marisol Díaz na reunión co alcalde da Pobra de Trives
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho o novo alcalde do concello ourensán da Pobra de Trives, Domingo Diéguez González, que tomou posesión do cargo a finais de ano logo da dimisión de Francisco José Fernández . O novo rexedor acudiu acompañado da concelleira de Cultura, María Isabel González, a este primeiro encontro institucional con Díaz Mouteira. A delegada territorial coñeceu as súas demandas e proxectos para os próximos meses e brindoulle toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán.











