O programa “Degusta Europa” chega ao mercado municipal de Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Degusta Europa no mercado de Bueu

Degusta Europa no mercado de Bueu

Os deputados provinciais Carlos Font e Xosé Leal, xunto co alcalde de Bueu, Félix Juncal, asistiron esta mañá ao acto “Degusta Europa” no mercado municipal de Bueu. O programa, impulsado polo ente provincial, enmárcase nunha serie de actuacións que a institución está a organizar para conmemorar o Día de Europa.

A iniciativa ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ao tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra. Neste proxecto colaboran as escolas públicas de formación en hostaleira Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra.

No caso de Bueu, é a segunda das localidades na que profesorado e alumnado do centro educativo Manuel Antonio de Vigo foron os encargados de mercar produtos das Rías Baixas no mercado municipal e en directo, ao estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos europeos. Mais concretamente, “Sopa de melón con xamón texturizado e xelatina de Oporto”, “Xoubas fritidas con tempura de millo”, “Xarda lañada con brotes tenros”, “Risotto de mexillóns con tella de queixo parmesano” e “Hamburguesas de porco con queixo gruyere”.

O programa, que xa pasou polos concellos de Caldas, Pontevedra, A Guarda e Cambados concluirá mañana venres día 13 no mercado do Progreso de Vigo onde os alumnos e profesores do Manuel Antonio na cociña e no servizo ofertarán os pratos degustados hoxe en Bueu.

12 de maio de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.