O Concello de Teo promove a difusión de poemas de Manuel María cunha campaña nas redes sociais
O Concello de Teo promove a difusión dos poemas de Manuel María a través dunha campaña nas redes sociais e para a cal editou unhas chapas con textos do escritor chairego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A iniciativa consiste en subir unha foto “ben chula” da chapa coa etiqueta #Teocoalingua de Twitter, Facebook ou a rede social de fotografía Instagram. Ademais, a foto “máis orixinal” obterá unha sorpresa.
Con esta iniciativa, a localidade teense súmase tamén á difusión do autor natural de Outeiro de Rei e que tivo unha forte vinculación coa cidade da Coruña e tamén con Santiago de Compostela, onde estudou Filosofía e Letras.
“O idioma é o amor/o latexo a verdade/a fonde da que agroma/a máis forte irmandade”, lembra un dos seus versos o Concello de Teo nesta campaña.











