A Deputación de Pontevedra achega 315.000 euros ao concello de Bueu para a restauración do estaleiro da Banda do Río-Carpintaría de Ribeira de Purro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuPontevedra
A-
A+

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de conceder unha axuda por valor de 315.109,30 € ao concello de Bueu, dentro da liña 1 -investimentos- do Plan Concellos 2016. A contía será destinada para a restauración do estaleiro da Banda do Río – Carpintaría de Ribeira de Purro.

Dentro do Plan Concellos 2016, na liña 1 de investimentos, esta achega económica hai que engadila aos 120.000 € para a adquisición dunha varredora aspiradora e aos 99.905,79 € concedidos para a subministración de luminarias para a mellora da eficiencia enerxética e para a ampliación dunha rede de saneamento. Dentro da liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- aprobáronse 26.000 € para a XVII Festa do Polbo, e dentro da liña 4 -emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais- outorgáronse 133.962 € para a contratación de 30 empregados e empregadas públicas que están a realizar o seu traballo para o concello.

No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra leva entregados xa 694.977,09 € ao concello de Bueu, o que representa o 94,3 % do total do Plan Concellos para este municipio do Morrazo.

16 de maio de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.