Piko Norte, Arroás e Ráfagas proclámanse vencedores da XIII Regata Eduardo Varela
Un día gris con choiva por momentos, e con vento en calma até o inicio da proba, permitiu finalmente condicións óptimas para a práctica da vela. Tras a calma que se mantivo até as 13 horas, momento de inicio do evento,entrou un vento do sur duns 11 nós que por momentos, parecía quedar, pero que se mantivo con intensidade suficiente para realizar unha cómoda regata.
Con estas condicións, e as dúbidas iniciais do comité de regata, decidiuse un percorrido de algo máis de 10 millas con pasos obrigados pola baliza do seixo, moscardiño, seixo outra vez e regreso até as inmediacións do náutico de Rianxo.
Moi boa saída de Ráfagas e Arroás que ocuparon as primeiras posicións desde o inicio da proba, seguidos de preto polo Chispe de Jesús Iglesias e Fixius de Miguel Pérez, tamén permanecía próximo o Piko Norte de José M. Castro que se mantiña na disputa dos primeiros postos da clase cruceiro-regata. Tras pasar pola baliza do Seixo, deixar o moscardiño por babor e o seixo novamente por babor,empopada até Rianxo con Ráfagas de José M. Carreira e o Arroás, de José Manuel Pombar como protagonistas, pelexando pola primeira posición seguidos moi de preto polo Chispe de Jesús Iglesias. Ao final, e por escasos segundos, o primeiro posto en tempo real foi para os Ráfagas, do C.N. de Rianxo, o que lle valeu para facerse co primeiro posto na clase regata seguido polo Chispe. O Arroás de José Manuel Pombar, da E.V. Mar de Arousa, vencedor tras a compensación de tempos, fíxose coa primeira posición da clase cruceiro-regata que dominou durante todas as mangas realizadas, segundo foi o Sampaio con José Pérez á cana e o terceiro posto foi para SempreVolve de Luís Miguel González, do C.N. Caramiñal, ao que unha avaría durante a proba relegoulle á terceira posiciónde esta categoría.
Na categoría cruceiro impúxose o Piko Norte que se beneficiou do atraso na saída do Somni de Cristian Bande e a terceira posición foi para o Catavento do CN de Rianxo de Manuel Neto.
Esta manga pon fin á XIII edición da Regata Ensenada de Rianxo – Trofeo E. Varela e Hijos e dá inicio á primeira manga do Trofeo de Inverno que tamén patrocina Eduardo Varela e Hijos.
Este Trofeo desenvolverase ao longo dos meses de xaneiro, febreo e marzo cun total de 4 mangas, a última das cales se celebrará o 12 de Marzo.











