O pavillón Pablo Herbello acollerá o Campionato Galego de Grappling e MMA Amateur

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuDeportes
A-
A+

O sábado 12 de decembro, a Federación Galega de Loita e D.A. e o Club de Loita do Morrazo organizan por terceira vez na comarca o Campionato Galego de Grappling e MMA (Artes Marciais Mixtas) Amateur entre as 10 e as 16 horas no Pavillón Pablo Herbello. Este evento será clasificatorio para o campionato de España que terá lugar no mes de febreiro do vindeiro ano, e nel participarán loitadores dos diferentes puntos de Galiza.

O Club de Loita participará nesta acción con trece competidores.

O Grappling é un modo de loita usado en diferentes artes-marciais, e defínese como unha compilación lóxica e efectiva de técnicas e tácticas dirixidas a derrotar a un adversario mediante técnicas como proxeccións, barridos, luxacións, inmobilizacións, escapes, contrachaves… Actualmente, o grappling é un deporte híbrido que combina moitos estilos, tanto modernos como históricos de loita e artes-marciais, como son: loita libre, loita grecorromana, loita olímpica, sambo, shoot wrestling, entre outros. 

7 de decembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.