Iria Collazo presenta en Bueu a súa primeira novela ‘Coma unha áncora’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Este venres ás 20.30, a sala Domínguez Búa farase eco da presentación do libro Coma unha áncora de Iria Collazo, nun acto organizado por Librería Miranda no que tamén estará o escritor e editor Francisco Castro. A autora nada en Pontevedra, reside actualmente en Moaña e xa celebrou a presentación desta primeira obra a semana pasada en Marín. Licenciada en Filoloxía Galega, é profesora no IES As Barxas de Moaña.

Coma unha áncora é a súa primeira novela e trata sobre o amor, ese amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Trátase dun espectacular debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas da literatura galega, tratando nesta novela xuvenil unha historia con misterio e sobre o inexplicable, cunha forza que vai por enriba da morte, tal e como se explica na sinopse da obra.

O acto conta coa colaboración da Asociación de Amigos Johán Carballeira e do Concello de Bueu.

12 de novembro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.