Caballero entrega os premios da Ruta do Pincho da Asociación de Comerciantes As Travesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Dezanove establecementos de hostalería participaron no concurso de pinchos posto en marcha polo Centro Comercial Aberto As Travesas para dinamizar o sector e darlle aos clientes a posibilidade de participar activamente na valoración da oferta gastronómica. Abel Caballero eloxiou o labor da Asociación de Comerciantes desa zona da cidade e desexou que se manteña a cooperación entre o Concello e a entidade.

A sede da Asociación de Comerciantes As Travesas (Aetravi) acolleu este martes o acto de entrega dos premios da Ruta do Pincho que se desenvolveu en 19 establecementos asociados á entidade. O rexedor entregou os diplomas a todos os participantes e un recoñecemento especial a aqueles que obtiveron a mellor puntuación a través dos votos dos clientes que degustaron os pinchos ofertados.

Abel Caballero salientou a importancia da unión en iniciativas deste tipo que “amosan o éxito da cooperación entre o pequeno e mediano comercio e a hostalería, que son unha parte central da cidade, que vertebra as distintas zonas de Vigo”. Tamén felicitou á Asociación de Comerciantes As Travesas polo “labor magnífico” realizado na organización da Ruta do Pincho que serve para “actualizar os locais e que os clientes teñan unha participación activa á hora de opinar” e manifestoulles o seu desexo de manter a “cooperación entre a entidade e o Concello” co fin de poderen seguir realizando proxectos xuntos.

17 de novembro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.