O goberno local de Bueu comeza a tramitar a nova licitación para a xestión do catastro
O Concello está xestionando a licitación do servizo de colaboración na xestión tributaria, censal, inspectora e recadatoria e na xestión dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. A necesidade vén imposta porque en maio do 2016 remata o contrato coa actual concesionaria.
O procedemento de licitación xa se subiu ao Perfil do contratante, e o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir da súa publicación no BOPPO. O contrato adxudicarase por dous anos, prorrogables por outros dous, e o valor dos dous anos non pode superar os 307.554 euros, nin os 615.108 euros no caso de catro anos, con IVE incluído.
A empresa á que se adxudique este servizo terá que realizar os traballos necesarios de consultoría e asistencia técnica para o desenvolvemento das funcións de xestión catastral incluídas no Convenio de Colaboración susbcrito entre o Concello de Bueu e a Dirección Xeral do Catastro con data 5 de xullo de 2002. O Concello contrata estes servizos debido a que non pode facer fronte a eles cos medios propios debido ao volume de traballo que se contempla.











