O Consello Escolar de Bueu terá lugar o próximo xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu convoca para o vindeiro xoves ás 20 horas o Consello Escolar Municipal. A esta reunión, que será no salón de plenos, asistirán membros das directivas dos colexios e institutos e representantes de alumnos e sindicatos. O principal tema a tratar será a proposta de creación do banco de libros municipal e a coordinación global de actividades extraescolares.

13 de outubro de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.