Carmela Silva comprométese a impulsar a rehabilitación do castelo de Vilasobroso

Carmela Silva na reunión co alcalde de Ponteareas
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comprometeuse co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a impulsar o convenio para a rehabilitación do castelo de Vilasobroso e apoiar a entrada do seu servizo de extinción de incendios municipal no Consorcio Provincial de Extinción de Incendios.
Ambos mandatarios coincidiron hoxe, na primeira visita oficial de Carmela Silva a Ponteareas, na necesidade de poñer en marca el convenio para á rehabilitación do castelo, que permanecía paralizado e que só está a espera de dous informes administrativos para o seu inicio. Silva recordou que Vilasobroso incluirase no plan de actuación dos catro castelos da provincia para a súa potenciación e posta en valor “sempre en colaboración co que demanden os propios concellos”, recordou a Presidenta.
Outros dos aspectos da xuntanza foi a adhesión do servizo de bombeiros de Ponteareas ao Consorcio Provincial, no que Silva coincidiu con Represas, que é un compromiso político de ambas administracións que terá que contar co apoio da Xunta.
Por outra banda, Carmela Silva, informou o alcalde de Ponteareas da posta en marcha do novo servizo de emprego da Deputación, do novo fondo de cooperación local que empezará a funcionar o ano próximo e a creación dun servizo de asistencia técnica aos concellos, aspectos que foron moi ben valorados por Xosé Represas.











