Oroso ofrece actividades gratuítas de aquagym na piscina municipal de Sigüeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso ofrecerá actividades gratuítas de Aquagym durante todo o mes de xullo, dirixidas aos usuarios e usuarias da piscina municipal de Sigüeiro. Para participar nestas actividades non será preciso anotarse, senón que todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poden sumarse ás clases que se impartirán de luns a venres, entre as 19:30 e as 20:00 horas, na piscina de Sigüeiro.

O aquagym é unha modalidade de fitness acuático que inclúe varios exercicios para a tonificación muscular. Os que practican esta actividade conseguen unha mellora da súa condición física en xeral, polo que está indicado para todo tipo de persoas e de idades. De feito, a propia resistencia da auga permite desenvolver a capacidade motriz das persoas maiores cun menor risco de lesións. 

1 de xullo de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.