O grupo de traballo do sector lácteo avanza na procura de melloras no sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+

O grupo de traballo do sector lácteo avanza da man da Administración galega na procura de melloras neste sector. Así o destacou esta tarde a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, quen presidiu a dita xuntanza onde tamén estiveron os representantes dos colectivos Asaja Galicia, Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e representantes das cooperativas a través de AGACA.

Este encontro serviu para facer seguimento da situación actual e futura do sector lácteo na nosa Comunidade Autónoma, así como analizar determinadas incidencias postas de manifesto nos últimos días polos representantes destas organizacións. A directora xeral agradeceu o clima cordial da reunión e a participación e disposición dos presentes na busca de solucións aos problemas actuais do sector. Así, Patricia Ulloa sinalou que o Observatorio Lácteo Galego reunirase trimestralmente co obxectivo de analizar a situación do sector e atopar un consenso entre todos os elos que o conforman -produtores, distribuidores e industria-.

A directora xeral insistiu en que a Administración galega estuda todas as anomalías atopadas e, insiste, en que se utilicen todas as ferramentas normativas que tanto o Paquete Lácteo como a Lei da cadea nos ofrecen, para non deixar ningún caso sen resolución, e de selo caso xa se utilicen outras vías axeitadas a tal fin. Neste senso, sinalou que, tamén se van a estudar o funcionamento dos órganos de arbitraxe, para que axilicen os seus procedementos á hora de resolver conflitos no tocante aos contratos lácteos.

O grupo de traballo do sector lácteo xurdiu no seo dunha xuntanza celebrada a principios de mes onde estivo presente a conselleira do Medio Rural e do Mar, co fin de analizar a situación do sector lácteo galego e buscar solucións aos problemas que denuncia actualmente o sector.

22 de xuño de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.